Etiquetas

, , , ,

———————————————————————————

PULSA AQUÍ PARA VER A INFO ACTUALIZADA DO CAMPIONATO ¡¡¡

———————————————————————————

.

Archivo:

Gracias á artistada do noso videógrafooficial, Santa Juana, xa temos o flamante cartaz oficial do Campionato Galego de Fútbol de Mesa que se disputará o Domingo 17 de Xuño no Liceo Mutante de Pontevedra. Para este grande evento subbuteístico de final de tempada, se agarda participación de xente residente en muitos puntos da Galiza: Vigo, Cangas, Pontevedra, Santiago, Maside, Mondariz, Nigrán, Cañiza…

Os interesados en participar, terán até o Domingo 10 de Xuño para pagar por anticipado a inscripción de 5€, tanto na sede dos Falcóns en Vigo como no Liceo Mutante en Pontevedra. Isto vos dará dereito a unha xornada subbutil de primeira orde, chea de camaradería, deportividade e sen controis antidoping. E poderedes disfrutar, ademais da gloria, do marabilloso trofeo que será otorgado ao campión, así como dos fabulosos agasallos que ofrecerá a organización.

Segundo vaian as inscripcións iremos informando nesta mesma páxina de participantes, horarios, etc… Pero contade que será pola mañá e pola tarde; canto de cedo ou de tarde se irá concretando en función dos xogadores apuntados e das mesas disponíbeis. E agardamos que o Liceo poda colaborar co xantar, senón teremos que levar os bocatas da casa como sempre.

Para ir quentando, estreamos conta atrás para o evento durante todo o mes até a disputa do torneo, e próximamente incorporaremos á web os rankings e estatísticas.

Lembrade que ainda quedan 4 días de obradoiro para todos os que querades aprender, entrenar, ou simplemente flickear. Todos os Domingos até o 10 de Xuño no Liceo Mutante, a partir das 17:00 horas e até que o dedo aguante ¡¡¡

Advertisements