Comeza a Pretempada 2012-13

Etiquetas

, , ,

Despois de un mes de vacacións, repousando os nosos índices, os Falcóns regresan con forza preparando o que será a Tempada subbuteística 2012-13. E para iso organizamos o Torneo de Verán CABRAL PRAIAS 2012:

Estades todos invitados a unha nova xornada subbutil, con barbacoa, cancións do verán, e ambiente amigable. Podedes acudir en chalana, avioneta, ou kite-surf.

Polo momento estes son os inscritos:

– Nano.

– Rucho.

– Peletash.

– Barri.

– Lesinho.

Advertisements

Campionato Mundial MANCHESTER 2012

Etiquetas

,

Os días 20, 21 e 22 de Xullo, se celebra na cidade inglesa de Manchester, o Campionato Mundial da FISTF de fútbol de mesa. O Etihad Stadium do Manchester City F.C. acollerá a 16ª edición deste torneo. Centos de xogadores de todo o mundo disputarán o título, tanto en categoría individual como por seleccións nacionais.

Nos seguintes links podedes ver os dous vídeos promocionais do acontecimento que a organización colgou recentemente.

Vídeo Promocional 1

Vídeo Promocional 2

Este ano ademáis, se celebra o 20 aniversário da creación en Francia, no ano 1992, das bases da FISTF (a sede oficial está actualmente en Les Herbiers – Vendée). O primeiro mundial se celebraría no ano 1994. Aquí tedes o palmarés histórico desta competición nas diferentes categorías.

Vídeos das finais da ASA

Etiquetas

, , , ,

Vos deixo dous videos dos partidos completos das finais da ASA (American Subbuteo Association). Están divididos en catro partes e con calidade 480p.

ASA FINAL 2009

Comezamos coa final do 2009 entre Daniel Cranston (Towson) con camisola branca, e Alex Batacchi (Florida) de camisola vermella. Utilizan as bases Sureshot sobre un Astropitch:

Primeiro Tempo:

 

Segundo Tempo:

 

ASA FINAL 2011

O segundo vídeo é da final do 2011 entre Daniel Cranston (Towson) desta vez contra Paul Eyes (Maryland SC):

Primeiro Tempo:

 

Segundo Tempo:

Novas subbuteísticas galegas

Etiquetas

, , , , , , ,

O Fútbol de Mesa medra na Galiza. Isto é unha realidade. Tras o éxito acadado cos obradoiros en Pontevedra, o número de xogadores xa é elevadísimo para o que podíamos soñar hai uns meses. Ademáis, o obxectivo final da construcción de un estadio Mutante en Pontevedra está logrado, o que fará sen dúbida que aumenten ainda máis os xogadores nesta cidade. Pero ahí non remata a cousa, pois outro campo, o de Vilasobroso (Mondariz), será inaugurado en 1-2 semanas. Se contamos tamén o que xa existe en Cangas, teremos nada menos que 4 sedes para a tempada que ven.

Xa están actualizados o Ranking e as Estatísticas tras os resultados do primeiro Campionato Galego. De agora en diante, o ranking Galego puntuará de xeito equivalente ao oficial da normativa da AFM. Se puntúa só nos torneos, en función do posto acadado e en base ao número de participantes e ao tipo de torneo disputado (se é a nivel cidade/provincia, ou a nivel nacional).

E xa vos podemos anunciar as novidades para o futuro próximo. En Agosto organizaremos o último torneo da tempada, o Torneo de Verán Homenaxe a “Leri”, por suposto, puntuable para o Ranking Galego. Iremos informando da data concreta. E xa para o comezo da Tempada 2012-13, a primeira cita será en Setembro cun Torneo Interclubes entre os Falcóns de Vigo e os Mutantes de Pontevedra. Por suposto, a partires de Outubro voltará o Campionato de Vigo.

A sede dos Falcóns, o Fontinhas Stadium xa está agardando o seu novo Astropitch adquirido estes días. En aproximadamente unha semana, estaremos disfrutando da nova superfície, que estrearemos seguramente na nova sede de Vilasobroso.

Happy flicking everybody ¡¡¡

Configurador de Bases e novo Subbuteo

Etiquetas

,

Na web de Astrobase volven a ter activo o configurador de bases. Se poden escoller desde o tipo de base (monolítica, bicomposta, tricomposta, etc…) até as medidas e materiais. As combinacións se contamos tamén as cores son enormes. Iso sí, baratas non son, van de 3,75€ a 5,83€ a unidade; é o prezo a pagar por unhas bases profesionais personalizadas.

Tamén esta online a web oficial do novo Subbuteo. É de supoñer que en poucos días estará á venda en tendas e xogueterías. Desde logo a estratexia comercial xa é pobre de entrada, pois o van lanzar coa eurocopa rematada. Ademais do tema de que non traen, nin as caixas completas nin os equipos soltos, porteiro sainte; algo inexplicable unha vez xa adaptadas as bases e o campo ao moderno concepto do fútbol de mesa.